Meis

ComunicaciΓ³ns

Meis

πŸ“π—£π—₯𝗒𝗕𝗔𝗦 𝗣𝗔π—₯𝗔 𝗔 π—’π—•π—§π—˜π—‘π—–π—œπ—’Μπ—‘ 𝗗𝗒 π—§π—œΜπ—§π—¨π—Ÿπ—’ π——π—˜ π—šπ—₯𝗔𝗗𝗨𝗔𝗗𝗒 π—˜π—‘ π—˜π—¦π—’ 𝗣𝗔π—₯𝗔 π— π—”π—œπ—’π—₯οΏ½...

Data de publicaciΓ³n: 20/01/2026

πŸ“π—£π—₯𝗒𝗕𝗔𝗦 𝗣𝗔π—₯𝗔 𝗔 π—’π—•π—§π—˜π—‘π—–π—œπ—’Μπ—‘ 𝗗𝗒 π—§π—œΜπ—§π—¨π—Ÿπ—’ π——π—˜ π—šπ—₯𝗔𝗗𝗨𝗔𝗗𝗒 π—˜π—‘ π—˜π—¦π—’ 𝗣𝗔π—₯𝗔 π— π—”π—œπ—’π—₯π—˜π—¦ π——π—˜ 𝟭𝟴 𝗔𝗑𝗒𝗦
A ConsellerΓ­a de EducaciΓ³n, Ciencia, Universidades e FP convoca as probas para que as persoas maiores de idade poidan obter directamente o tΓ­tulo de graduado en educaciΓ³n secundaria obrigatoria nas convocatorias de marzo e xuΓ±o de 2026.
RΜ²EΜ²QΜ²UΜ²IΜ²SΜ²IΜ²TΜ²OΜ²SΜ² DΜ²AΜ²SΜ² PΜ²EΜ²RΜ²SΜ²OΜ²AΜ²SΜ² AΜ²SΜ²PΜ²IΜ²RΜ²AΜ²NΜ²TΜ²EΜ²SΜ²:Μ²
▢️ Ter cumpridos os dezaoito anos ou facelos dentro do ano 2026.
▢️ Non estar en posesiΓ³n do tΓ­tulo de graduado en educaciΓ³n secundaria ou de calquera outro tΓ­tulo declarado equivalente para efectos acadΓ©micos.
▢️ Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educaciΓ³n secundaria obrigatoria ordinaria nin de formaciΓ³n profesional bΓ‘sica no curso 2025/26, agΓ‘s as persoas matriculadas durante este curso na educaciΓ³n secundaria para persoas adultas, que poderΓ‘n inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condiciΓ³ns:
➑️ Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.
➑️Así mesmo, para acudir Ñ primeira convocatoria, a persoas con Ñmbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberÑn renunciar Ñ avaliación extraordinaria deses Ñmbitos.
βœ”οΈΜ²οΈΜ² π—₯Μ²π—˜Μ²π—”Μ²π—ŸΜ²π—œΜ²π—­Μ²π—”Μ²π—–Μ²π—œΜ²π—’Μ²Μπ—‘Μ² 𝗗̲𝗔̲𝗦̲ 𝗣̲π—₯̲𝗒̲𝗕̲𝗔̲𝗦̲:Μ²
πŸ‘‰π˜Ύπ™€π™£π™«π™€π™˜π™–π™©π™€π™§π™žπ™– π™™π™š marzo: a proba terΓ‘ lugar o dΓ­a 27 de marzo de 2026.
πŸ‘‰ π˜Ύπ™€π™£π™«π™€π™˜π™–π™©π™€π™§π™žπ™– π™™π™š 𝙭π™ͺ𝙣̃𝙀: a proba terΓ‘ lugar o dΓ­a 5 de xuΓ±o de 2026.
βœοΈπ‘·π‘Ήπ‘¨π’π‘Ά 𝑫𝑬 𝑷𝑹𝑬𝑺𝑬𝑡𝑻𝑨π‘ͺ𝑰𝑢́𝑡 𝑫𝑬 𝑺𝑢𝑳𝑰π‘ͺ𝑰𝑻𝑼𝑫𝑬𝑺
βœ”οΈO prazo de presentaciΓ³n de solicitudes de inscriciΓ³n na proba serΓ‘n:
πŸ‘‰ Convocatoria de MARZO: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluΓ­dos.
πŸ‘‰ Convocatoria de XUΓ‘O: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluΓ­dos.
πŸ“ŒAs solicitudes poden descargarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
ℹ️ MΓ‘is informaciΓ³n en https://www.edu.xunta.gal/portal/
TamΓ©n podes π‘–π‘›π‘“π‘œπ‘Ÿπ‘šπ‘Žπ‘Ÿte π‘›π‘Ž 𝑂𝑀𝐼𝑋 π‘‘π‘œ πΆπ‘œπ‘›π‘π‘’π‘™π‘™π‘œ, π‘›π‘œ πΆπ‘’π‘›π‘‘π‘Ÿπ‘œ π‘€π‘’π‘™π‘‘π‘–π‘’π‘ π‘œπ‘ π‘‘π‘œ π‘€π‘œπ‘ π‘‘π‘’π‘–π‘Ÿπ‘œ (π‘ƒπ‘Ÿπ‘Žπ‘§π‘Ž 𝑑𝑒 πΈπ‘ π‘π‘Žπ‘›Μƒπ‘Ž, 18 𝑂 π‘€π‘œπ‘ π‘‘π‘’π‘–π‘Ÿπ‘œ), π‘‘π‘’π‘™π‘’Μπ‘“π‘œπ‘›π‘œ πŸ“ž986712277/615299794