Meis

ComunicaciΓ³ns

Meis

πŸŽ§π—”π—•π—˜π—₯𝗧𝗒 𝗒 𝗣π—₯𝗔𝗭𝗒 𝗣𝗔π—₯𝗔 π—¦π—’π—Ÿπ—œπ—–π—œπ—§π—”π—₯ 𝗔𝗦 𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔𝗦 𝗣𝗔π—₯𝗔 π—₯π—˜π—”π—Ÿπ—œπ—­π—”π—₯ π—”π—–π—§π—œπ—©π—œπ——π—”π——οΏ½...

Data de publicaciΓ³n: 05/02/2026

πŸŽ§π—”π—•π—˜π—₯𝗧𝗒 𝗒 𝗣π—₯𝗔𝗭𝗒 𝗣𝗔π—₯𝗔 π—¦π—’π—Ÿπ—œπ—–π—œπ—§π—”π—₯ 𝗔𝗦 𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔𝗦 𝗣𝗔π—₯𝗔 π—₯π—˜π—”π—Ÿπ—œπ—­π—”π—₯ π—”π—–π—§π—œπ—©π—œπ——π—”π——π—˜π—¦ π——π—˜ 𝗙𝗒π—₯π— π—”π—–π—œπ—’Μπ—‘ π—˜π—‘ π—Ÿπ—œπ—‘π—šπ—¨π—”π—¦ π—˜π—¦π—§π—₯π—”π—‘π—«π—˜π—œπ—₯𝗔𝗦 𝗣𝗔π—₯𝗔 π—˜π—¦π—§π—¨π——π—”π—‘π—§π—˜π—¦ π——π—˜ 𝗕𝗔𝗖𝗛𝗔π—₯π—˜π—Ÿπ—”π—§π—’ (𝐀𝐗𝐔𝐃𝐀𝐒𝐋𝐄).
A Xunta de Galicia convoca 647 axudas para realizar as actividades de formaciΓ³n en linguas estraxeiras no ano 2026.
𝑢𝒔 π’Šπ’…π’Šπ’π’Žπ’‚π’” 𝒒𝒖𝒆 𝒔𝒆 𝒄𝒐𝒏𝒗𝒐𝒄𝒂𝒏 𝒔𝒐𝒏 π’Šπ’π’ˆπ’π’†Μπ’” 𝒆𝒏 π‘ͺ𝒂𝒏𝒂𝒅𝒂́, π’Šπ’π’ˆπ’π’†Μπ’” 𝒏𝒐 π‘Ήπ’†π’Šπ’π’ π‘Όπ’π’Šπ’…π’, 𝒇𝒓𝒂𝒏𝒄𝒆́𝒔 𝒆𝒏 π‘­π’“π’‚π’π’„π’Šπ’‚, π’‘π’π’“π’•π’–π’ˆπ’–π’†Μπ’” 𝒆𝒏 π‘·π’π’“π’•π’–π’ˆπ’‚π’ 𝒆 π’‚π’π’†π’Žπ’‚Μπ’ 𝒆𝒏 π‘¨π’π’†π’Žπ’‚π’Μƒπ’‚.
O perΓ­odo de realizaciΓ³n destas actividades comprenderΓ‘ desde a segunda semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2026, coa excepciΓ³n das actividades para o 2ΒΊ curso de bacharelato, que se desenvolverΓ‘n no mes de agosto.
π‘π„ππ”πˆπ’πˆπ“πŽπ’
▢️Estar cursando, no rΓ©xime xeral, 1ΒΊ ou 2ΒΊ de bacharelato, en centros sostidos con fondos pΓΊblicos, durante o curso 2025/26, na Comunidade AutΓ³noma de Galicia.
▢️Ter superadas todas as Γ‘reas ou materias no curso 2024/25.
▢️Ter acadado no curso 2024/25, na Γ‘rea ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadΓ­a, unha cualificaciΓ³n mΓ­nima de 6 no 4ΒΊ curso de ESO para as prazas convocadas para o 1ΒΊ curso de bacharelato e de 6 no 1ΒΊ curso de bacharelato para as prazas ofertadas para o 2ΒΊ curso de bacharelato.
▢️ Non ter concedida, neste curso acadΓ©mico, outra axuda coa mesma finalidade.
▢️ Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibiciΓ³ns para obter a condiciΓ³n de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuΓ±o, de subvenciΓ³ns de Galicia.
▢️ Estar en posesiΓ³n do documento nacional de identidade (en diante, DNI), nΓΊmero de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte
βœοΈππ‘π€π™πŽ 𝐃𝐄 π’πŽπ‹πˆπ‚πˆπ“π”πƒπ„
O prazo para presentar solicitudes estarΓ‘ aberto ata o 3 de marzo de 2026 incluΓ­do.
πŸ‘‰As solicitudes poden tramitarse de https://sede.xunta.gal co procedemento ED504B
ℹ️MΓ‘is informaciΓ³n no DOG do 3 de febreiro de 2026 e en
https://www.edu.xunta.gal/axudasle/
πŸ“As persoas interesadas tamΓ©n poderΓ‘n informarse na OMIX do Concello, no Centro Multiusos (Praza de EspaΓ±a, 18 O Mosteiro), telΓ©fono 986712277/615299794.
#axudasle