Meis
Hoxe, o Boletín Oficial da Provincia publica a aprobación inicial do orzamento do Concello de Meis para o ano 2026, que...
Data de publicación: 07/04/2026
Hoxe, o Boletín Oficial da Provincia publica a aprobación inicial do orzamento do Concello de Meis para o ano 2026, que foi aprobado en sesión plenaria o 30 de marzo.
E hai uns días, un medio de comunicación publicaba un mapa da situación financeira dos concellos de Galicia. Neste mapa márcanse en vermello os concellos con risco elevado, en laranxa os que teñen risco non elevado e en gris os que non teñen risco. Meis atópase entre os que non teñen risco ningún, o que non é casualidade, senón froito da boa xestión económica durante os últimos anos.
Por moito que se grite ou se terxiversen as cousas, os datos falan.
Seguimos!
#Meis