Meis
📝𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗙𝗲𝗱𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗹𝘃𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗲 𝗦𝗼𝗰𝗼𝗿𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗱�...
Data de publicación: 23/01/2026
📝𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗙𝗲𝗱𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗹𝘃𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗲 𝗦𝗼𝗰𝗼𝗿𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮(𝗙𝗘𝗦𝗦𝗚𝗔)
Aberto o prazo de inscrición para os cursos oficiais AFD 2026/2027 de socorrismo, unha formación 100% bonificada que ademais conta con axudas para desprazamentos.
🏊♂️ CURSOS DISPOÑIBLES
✅ 1) AFDP0209 – SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
📍 Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia
Rúa Gambrinus nº151, Mód. 0, nave 3 – 15008 A Coruña
Modalidade: 100% presencial
Carga lectiva: 393 h aula + 105 h prácticas → 498 h totais
Datas: 02/03/2026 → 16/07/2026
Horario: 09:00–14:00 h
Prazas: 15
Formación: 100% bonificada
✅ 2) AFDP0109 – SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS
📍 Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia
Rúa Gambrinus nº151, Mód. 0, nave 3 – 15008 A Coruña
Modalidade: 100% presencial
Carga lectiva: 355 h aula + 93 h prácticas → 448 h totais
Datas estimadas: 01/04/2026 → 11/08/2026
Horario: 16:00–21:00 h
Formación: 100% bonificada
💬 Requisitos de acceso (cumprir un mínimo):
• ESO ou equivalente
• Certificado de profesionalidade nivel 2
• Certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia
• Requisitos académicos de FP Grao Medio
• Proba de acceso á universidade +25 / +45
• Competencias clave (RD 34/2008)
🧩 Colectivos prioritarios:
Persoas desempregadas, mulleres (especialmente vítimas de violencia de xénero), parados/as de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados/as e persoas en risco de exclusión social.
📄 DOCUMENTACIÓN NECESARIA
✅ Folla de matrícula cuberta (solicitar no correo fessga@gmail.com)
✅ Copia do DNI
✅ Copia do certificado académico (mínimo ESO)
✅ Copia da tarxeta de demanda de emprego
📧🔗 ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN A:👉 fessga@gmail.com
📍Aquí deixamos enlace con máis información: